viernes, 30 de noviembre de 2007

Traballando por Ove

Hoxe dia 30 de Novembro estou de noraboa, imos a levar a cabo a primeira promesa electoral que fixéramos para o Concello de Ribadeo, trátase da recuperación e novas construccións da Rectoral de Ove. Como presidente da Asociación de Veciños de "O Gaiteiro" levamos 10 anos tras desta importante rehabilitación, e agora como Concelleiro do medio Rural estou felíz.
Dende uns días antes das eleccións municipais, xa nos puxeramos a traballar, pero desde logo sin o exforzo e interés que puxo o noso alcalde Fernando Súarez Barcia non sei si se houbera conseguido.
Por fín, chegou o día é o noso vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e máis o Sr. Obispo da Dioceses de Mondoñedo- Ferrol, D. Manuel Sánchez Monge asinaron diante de todolos grupos políticos o convenio para a execución dunha Residencia para a terceira idade, un centro para enfermos de Alzeimer é un centro de día, aínda por definir en proxecto.
Era realmente unha pena que non se recuperase esta Rectoral, dada o súa situación e maila súa mensura, xa que conta con preto de 6000 m2.
Constame que as persoas maiores, están contentas, aínda que o número de prazas non será suficiente para dar cobertura as necesidades de todo o Concello.