Hai 53 anos nacín na parroquia máis urbana e mariñeira de Ribadeo, Rinlo, onde transcorre a miña infancia e xuventude. Aos 29 anos, co motivo do meu casamento, decido ir vivir á vila de Ribadeo, onde tamén nace a miña filla. É en Ribadeo, onde establezo as principais funcións vitais, a miña familia e o meu traballo, exercendo de funcionario do Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira. Desde hai 10 anos resido na parroquia de Ove. Alí involucreime na vida desa parroquia, sendo o presidente da asociación de veciños e tentando dinamizar o movemento asociativo e a calidade de vida. Gústame adicar o meu tempo libre a participar, a botar unha man naquelo que sexa útil e beneficie ao conxunto dos veciños, tamén me gustan as plantas e a natureza en xeral, e gustaríame que os fillos dos que vivimos alí poidan vivir nun futuro perto de nós. O MEU MAIL: horacio_cupeiro50@hotmail.com