jueves, 24 de mayo de 2007

Declaración de Intencións

O vindeiro dia 27 de Maio do 2007, celebraranse as eleccións municipais.
Xa que teño a posibilidade de navegar por este medio, aproveito para facer un pouco de propaganda da nosa candidatura.
A lista que presenta o BNG, é unha lista de persoas comprometidas, xoves, (o máis "carca" son eu con 53 anos), traballadoras, honestas e moi preparadas, para facer frente ós retos do Concello de Ribadeo. Contamos cun aspirante a Alcalde trasparente, austero e cercano a nós, que dende o meu punto de vista, non é pouco. A nosa aspiración é polo tanto que Fernándo Suárez Barcia, descendente de rinlegos e nacido na emigración, sexa o vindeiro Alcalde co apoio incondicional dos rinlegos de ben.
Rinlo pode contar ademáis, se os meus viciños asi o entenden, co segundo concelleiro rinlego despois de Pepe do Quincallo, xa que vou có numero catro.
Animo os rinlegos, a que nos apoien co seu voto xa que ninguén máis que nós coñece ós rinlegos e o pobo de Rinlo, e naide vaise a preocupar máis dos seus problemas ca nós.
Rocío, que tamén vai na lista é unha extraordinaria persoa e tamén vainos axudar a desenrrolla-los temas e obras que imos a propoñer.
A primeira cousa que imos a facer, será preguntarlle ó pobo: ¿qué Rinlo queremos?, e logo entre todos, dicidir ónde imos actuar sen ferir ó medio ambiente e facer un pobo sostiibel, que a dia de hoxe tampouco parece pouco.
Rinlo non cabe a menor dúbida, que ten un extraordinario atractivo turístico, que ten que ser o elemento dinamizador do seu futuro. Isto lévanos polo tanto, a cuidalo, xa que ahí fica o seu encanto. Dende o meu punto de vista pódense facer actuacións de mellora en canto á calidade das fachadas por exemplo, pero sen que sufran grandes trocos na súa morfoloxía.
Temos que mellora-lo medio-ambientalmente, dotalo de so para a rede hosteleira baixa, para poder coloca-los viciños que lles guste este duro traballo, dotalo ademáis, dun atractivo turístico, como por exemplo, a creación na primeira cetarea dun punto de pesca sin morte, recupera-la subida a cegoñas polo río da Leira e o arranxo da ponte. Facer entre a ponte nova de madeira e o río do Pardo unha canalización sobor do leito do río de cemento, para facer das suas marxes un entorno de paseo con plantación de árbores propios para eses lugares, como arces ou álamos. Recuperar tódolos amarres antigos da ribeira que están empotrados (e algúns desaparecidos) e poñer outros ónde desapareceran. volver a coloca-la farola da mirandilla que servía de enfilación para entrar por mar en Rinlo. Recupera-lo salvavidas que estaba colocado no banco das mentiras da mirandilla. Voltar a colunna ó centro da pista, (si quere a maioria dos rinlegos), de onde nunca debeu desaparecer, aunque só fora por respeto ós seus creadores. Mellora e humanización da pista con materiais propios dun lugar de tanto significado para nós. Crear unha costume marítima de chegada a Rinlo por mar dende Ribadeo ou dende Foz, para que poidan vir a tomar un aperitivo ou merendar ós nosos Bares. Recuperación dos nosos viales con materiales que vaian co entorno, de forma que poidan pasar os coches igualmente. Creación dun aparcadoiro para mellora-la entrada a Rinlo e facer da pista da abaixo, un lugar máis habitabel. Creación na escola vella dun centro de lecer para os nosos vellos e xoves. Seguro que me quedan outros que agora non me recordo, e que algun de vós me faredes chegar.
Polo tanto, esperamos o voso voto se tedes a certeza, de que non vos imos a defraudar.
Non vos deixedes levar por xente interesada, ós que Rinlo impórtalles ven pouco.
Así lle dicía un dia Rancaño en paz descanse a Moncho Cociña un día no bar e que eu que era xoven, fixenlle este pareado.
Ai... Rancaño.., Rancaño.., Rancaño...
acórdaste un dia no bar
chegou un de Ribadeo
cun sobre para votar
Mais ti, soupécheslle respostar
Acordadesvos dos de Rinlo
Só pro electoral
Así que ánimo ó noso pobo, xa que temos a oportunidade de gobernar para nós, non deixemos escapar a ocasión.
Rinlo xa foi do BNG, algúns candidatos, trocaron de partido, pero os rinlegos sómolos mesmos.
Posibelmente quero demasiado ós rinlegos e o pobo que deu a posibilidade de coñecer a tanta xente de tan bo corazón, aqueles vellos que tanto me ensinaron, Atilano, Penabade, O Manchado, Pepe de Xan Rei, Bañarola, O Tes, Jose Comé, Leuterio, O San Pedro, O Cubano, Don Agustín, Don Alfonso, O Pulido, Jesús o Cesteiro, que tiña fama de tacaño, e que cando eu era un "colgado" económico, con dezasete anos ofreceume cartos para estudiar. Qué xente aquela! e tantos outros que seguro me quedan por reseñar.
Mulleres coma aquelas, que todo xiraba no seu redor dado o matriarcado do noso pobo tan marcado, a Montaña, a Cosca, Pacita, Carmen da Cega, A Chiveira, Dorinda do Cubeiro, María de Antón, María de Leuterio, Esperanza da San Pedra, María da Luguesa. Antoña de Eusebia, etc.
Quedabame, pero xa máis xove, a persoa que tivo tanto interés para o pobo polo tema do arroz, como é María del Carmen a do pósito, por desgracia desaparecida (tamén o meu recordo por suposto).
Viva Rinlo e máis os rinlegos!
Un Abrazo a todos.