sábado, 26 de mayo de 2007

Agradecemento

O final, son concelleiro polo BNG. gracias sen dúbida ó noso pobo, e a tódalas parroquias do Concello.
O noso partido liderado por Fernándo Suárez, conseguimos de xeito abrumador gaña-la confianza das persoas do medio rural.
Rinlo tivo un comportamento exemplar co noso partido, ó concellerlle máis votos que tódolos demáis xuntos.
Tanto Rocío coma Fernándo e máis eu, considerámonos queridos, polo pobo de Rinlo. Imos a complacelos co noso traballo, si realmente conseguimos a alcaldía, que de non ser de forma antinatural así será dentro de varios dias.
Dende esta páxina dámoslle-las gracias a tódolos rinlegos que co seu voto contribuiron a que o BNG fose a forza máis votada nestas eleccións.
Ese, noso pobo, que tanto queremos, verémolo dentro de pouco recuperar parte do patrimonio perdido. Sempre dende o consentimento da maioria dos veciños, que xa demostraron nas urnas que estan pola labor de recupera-la parte da súa historia.
A pesar de todo, ainda que outros rinlegos presentabanse por outras listas, entre nós non haberá máis que boas relacións, xa que do que se trata e de conseguir para Rinlo todo aquelo que o faga máis vistoso e máis humanizado.
Un estivo fora durante varios anos, e sei o que se bota de menos o non habitar de cotián, nembargantes cando voltamos parece que respiramos de novo ese aire humido que a Ribeira exhala.
Polo que dede aqui, tamén o meu recordo para tódolos rinlegos que vos encontrades fora por uns ou outros motivos.
Viva Rinlo.