domingo, 10 de junio de 2007

Faleceu o Manchado

Tiven a sorte de poder agradecerlle en vida ó meu amigo o "manchado" as novas que me foi ensinando dende ben cativo, xa que vai uns días faleceo, eso sí, rodeado dos seus seres queridos ademáis dos seus amigos que por certo, eramos unha boa culimaia.
Sería doado, falar ben dun difunto, pero neste caso creo que ainda é máis sinxelo porque nunca o vin discutir con ninguén, e tampouco nunca ocultou información sobre a pesca e a xente coa que tiña contacto. Sempre respetou moito á súa familia, e o final tamén o respetaron a él tanto os seus fillos Pepe e María Rosa, como os seus amigos xa que, nunca lle faltou de nada e foi atendido como poucas veces vin.
A vida debe seguir ainda que a súa familia o notará moitisimo de falta. A nós quedaránno-los recordos dun amigo que ensinounos a respeta-la vida mariña.
Cando a un lle desaparece un amigo, vaiselle parte da súa vida, pero ésta debe continuar e posiblemente deberiamos copiar da súa sinceridade.
Dende aquí as miñas condolencias á súa familia e ós seus amigos.
Rinlo perdeu un referente histórico de transparencia na arte da pesca, ademáis do mellor pescador de sargos e robalizas da nosa zona.
Rinlo, 10 de xuño do 2007