As mariscadoras de Rinlo, o día 4 de Agosto deste ano 2007, van a organizar a festa do percebe, na que tamén imos a colaborar dende o concello e máis dende a Delegación de Pesca.
A través desta exaltación, entre todos imos a dinamizar Rinlo, có único fin de que realmente os rinlegos, non teñan que volver a pasar as que pasamos nos como emigrantes na mariña mercante, e outros veciños como emigrantes noutros países.
Os rinlegos, temos que defender o noso pobo, para que naide nolo cambie sen a noso consentimento, posto que seremos nós os que realmente deberamos permitir aquelo que nos guste, e que ademais sexa legal, de tal xeito que, o fagamos de forma sostible, e medio- ambientalmente aceptable, para que os nosos fillos, poidan estar orgullosos o día de mañan, de que lles transmitimos o que nos deixaron a nós, pero un pouquiño mellorado.
Por todo elo, sempre debemos animar a aquelas persoas que con moito esforzo intentan organizar calquera evento que vai en beneficio do noso sentimento.
O noso marisco, e concretamente neste caso o Percebe, terá fama a nivel nacional, porque a calidade é suprema, pero ademais hai que publicitalo, porque así, Rinlo poderá contar no futuro recente con algún hotel, ou restaurante que poida fixar poblacion.
María del Carmen de Dina, fixo unha gran labor có seu arroz con lumbrigante, e agora a festa do percebe. tamén vai realzar ainda máis o noso pobo.
Dende o Concello todos estamos implicados en conseguir o mellor para Rinlo, é o noso Alcalde, Fernando Suárez que tamén ten algo de rinlego, nos vai a botar unha man.
O noso animo as organizadoras, e que todos teñamos un bo día.
Pola nosa parte, imos a levar a varios actores de Galicia que estarán en Ribadeo nesas datas, é o día anterior 3 de Agosto levaremos a curtomatraxe rodada en Rinlo o verán pasado, así como o video da captura dos percebes para disfrute de todos nós,
Tampouco han de faltar as gaitas, nin unha animación musical. Gustaríanos ver os rinlegos disfrazados ese día cos traxes deste carnaval, que tan dignamente pasearon naquelas datas.