lunes, 30 de julio de 2007

As Catedrais

Este ano, conseguimos de novo que a praia de As Catedrais ademáis da do Castros e o Club náutico de Ribadeo, volvera a ser honrada coa bandeira azul.
Este monumento natural, era sen dúbida algunha merecedora deste icono ó contar, ademáis dese entorno tan especial, con tódolos servicios esixibles para gozar de tan honroso galardón.
Este ano é loxicamente, o primeiro que me toca gobernar, xa que gañamos as eleccións coa responsabilidade de facer deste entorno algo máis se cabe, do que xa temos.
Foi xa entrado o mes de Xullo, cando collémo-lo goberno, polo que pouco ou nada puiden facer fora do xa previsto, ainda así, o meu traballo na costa xa está en marcha por exemplo, para intentar mellora-la circulación poñendo unha so dirección, mediar para que a Dirección Xeral de Costas adquira as fincas que están por debaixo da carreteira ata preto do mar, con fin de facer logo algo especial e que mellore, lóxicamente o entorno e non, facer por facer.
O BNG, non está pola labor, de que sexa máis importante o que faga o home, que o que nos ofrece a propia natureza, polo que nós mediremos moito o promover calqueira das actuacións nesa zona.
Unas fotos, son o suficiente para amosar tan espectacular monumento natural, que cada ano conta con máis afluencia de visitantes e curiosos.