A Festa do Percebe, foi un ano máis un auténtico éxito. A calidade do percebe foi suprema xa que na súa maior parte foron collidas na Illa do Mourón. A ela asistiron, din os que tiveron a sorte de disfrutala dende fora, unhas sete mil persoas. Teño que decir, que ás 11 horas e trinta minutos, empezouse a vende-la primeira cazola.
O precio, era realmente asequibel dada a calidade do percebe. Dez euros a ración foi unha verdadeira ganga. O viño a 3 euros tampouco parece excesivo nun dia de ensalzamento do marisco rei.
Disfrutamos dese día de sol, (como se dunha corrida de toros se tratasa), que levabamos desexando desde que se lle puxo a data da festa.
Dende o Concello, creo que cumplimos cos rinlegos, xa que fixemos a "achega" necesaria para que todo saira ben, tanto, económicamente como ambientalmente, deixando o pobo como unha patena, tanto no casco como no extraradio. Ó Domingo seguinte, cáseque parecía que non acontecera nada o dia anterior, e eso que coincidiu coa Xira de Santa Cruz en Ribadeo.
Entre todos, imos a facer deste noso pobo, un punto de referencia turístico, Pero tamén debe ser certo que todos temos a obriga de colaborar, co ánimo de que cada dia o teñamos máis limpo.
O vindeiro ano, se Deus nos da saúde a todos, estaremos loitando porque a festa sexa mellor que o derradeiro.
Por outra banda tivemos a sorte de que o dia anterior proxectáranse uns DVD de curtometraxes por ON&OFF.
Tamen tivemos o pracer de disfrutar da actuacion do grupo de gaitas de Ribadeo.
Os nosos parabens dende o Concello para esas mariscadoras que co seu esforzo lograron non só capturar 700 Kgs de percebes senón, organizar tan digno evento.