jueves, 15 de marzo de 2007

A nutria de Alfonso

Alfonso Monín, é un veciño e amigo de Rinlo.
Fai uns días acudiu a pesca-las agullas coma outro día calqueira dos meses de Abril e Maio. A natureza, que ten cousas raras en ocasións, puxo a él nun apuro, xa que cando ainda non amencera e estando preto da costa, sintiu petar a xeito de palmadas. El que de endeble non ten nada, máis ben todo o contrario, sintiuse preocupado polo son que escoitaba.
Esperou a que riscara o dia e pensou: -teño que saber que son foi aquel que tanto me preocupou.
Perdeulle o respeto a noite, e percorreo a zona costeira. Mira ti por ónde que sinte novamente o chapuceo e, cáseque ó mesmo tempo que se vira para ollar cara alí, vé que unha nutria tirabase ó mar. Todo pódese entender ata aqui, mais cando íase a retirar da zona, atopa un congrio de 9 kilos e ¡dándolle ainda ó rabo!. Tibo que sacalo a patadas para que non lle caese ó mar. O "amigo" viña mordido por un ollo e mais pola parte baixa da mandíbula. Pois ben, a nutria ía a disfrutar dunha boa festa, pero do que por casualidade disfrutou, foi a súa familia con quen o repartiu.
Non é mentira o conto xa que o bon do congrio, foi pesado no bar Portillo de Rinlo, e así fíxomo costar ó seu amigo Suso.
Eu que xa teño 53 anos nunca vin tal cousa, nembargantes varios veciños xa viron as nutrias pescar por estas latitudes.
Enhotaboa Alfonso por contarnos a tua vivenza!.