domingo, 18 de marzo de 2007

O meu amigo "O Manchado"

Cando era ainda un cativo, empecei a escoitar comentarios dél coma un gran pescador.
O meu pai, era tripulante da súa lancha, "Virxe dos Mares", e cando tería sobor de catorce anos, pedinlle que me levara un dia de noite con eles a pescar Chicharro -e asi foi despois de moito convencelo-, xa que naquel entón embarcabase un moi xove e era de Chacho. Recordo que metéronme, no bote da luz que se levaba para concentrar o Chicharro ó carón de Moncho da Nova.
A partir daquel entón empecei a coller confianza con él, e xa me principiaba a contar cousas da pesca con caña. Foi sen lugar a dúbidas o mellor de toda a nosa bisbarra.
Era tal a ilusión que tiña pola pesca con caña, que cando viña de traballar coa súa lancha, chegaba á casa, e cáseque sen comer íase a pescar sargos e robalizas.
As máis grandes e as maiores cantidades vinllas a él. Temos estado pescando hasta noite pechada e cada un có seu sargo ou a súa robaliza enganchada no anzó. Sempre que nos atopabamos costa ó atardecer, xa para ser de noite, me dicia, "-vámonos que van andar as mulleres na miña busca-".
Pégalle a todo, cando de xove víñame a buscar para ir ós centolos no seu bote, eramos os "campións", claro que tamén o San Pedro, naquel entón; chamabannos "Os de telera" creo que saiu o nome de Maria de Prefeuta.
O dia que embarrancou o Urquiola na Coruña colleramos 154 kilos.
Cando iamos a balar, que era largar os transmallos ó mar (brexas), a continuación tirar pedras por terra delas, e golpear encima dos bancos de sentar para espantalos, sempre viñamos cargados, en ocasións centos de kilos.
Recordo que sempre dicianos hai que rodear a correa, xa que alí e onde está o peixe á sombra. Ahora xa non hai correa, esta todo podrido de contaminación.
Cando estabamos a chegar á Ribeira, xa nos estaban a esperar a súa muller Josefa e maila súa filla Mª Rosa, e traian o carretillo para axudar a leva-lo peixe.
Pepe o outro fillo, embarcou na mercante de xove, ainda que tamén estivo mareando có seu pai. Este tamén é de "telera" para todo, sobor de todo co chivo, ainda que agora cambiou ó "rapala", despois de moito persuadilo Fernándo (o secretario do Xuzgado). Robalos xa ten pescado tamén os seus, e eu xa llos teño visto de ata 11 kilos.
A dia de hoxe, o manchado o home esta encamado, inválido da cintura para baixo, pero moi ben atendido por ámbolos fillos, que lle queren con locura. Ademáis non recoñece a ninguén.
So quero, con esto agradecerlle, tanto como me axudou coas súas ensinanzas, como cando me levaba no bote e me daba o "quiñón" ( a parte que se repartia despois de vende-la pesca).
Naquel entón, había máis fame que peixe: "-e mira que había peixe-".